Científicas do Instituto de Investigacións Mariñas (Bouzas-Vigo), Laura Cal e Paula Suárez, compartiron connosco seus estudos de investigación este 9 de xuño.
Sometidas, logo, a un severo interrogatorio pola nosa parte, demostraron con amabilidade e alegría que nós tamén podemos chegar a ser sesudos investigadores.
Por último, elas nos agasallaron coa dirección dun experimento de extracción de ADN dunha fruta e nós regalamoslles un par de presentes para que non nos esquezan cando consigan o Premio Nobel.
Unha experiencia fantástica para os nenos.
ResponderEliminar